Autora: Aylem Pichel Hernández
Dentro da célula ocorren moitos procesos incribles que permiten o desenvolvemento funcional tanto da propia célula como do sistema en todo o seu conxunto. Neste artículo vamos falar de dous orgánulos esenciais, que son o retículo endoplasmático e o aparato de Golgi, ambos complementarios o un co outro. A súa función principal é a de producir, modificar, empaquetar e transportar proteínas e lípidos a onde requeira a célula. Poderíamos dicir que é como a fábrica e o servizo de paquetería da célula.
Retículo endoplasmático
O retículo endoplasmático é unha rede de membranas enroladas que se extende polo citoplasma da célula. Temos dous tipos dependendo de que produzcan, se proteínas ou lípidos
· Retículo endoplasmático rugoso:
- Hai ribosomas adheridos a súa superficie, de aí procede o seu aspecto rugoso.
- Encárgase de sintetizar lipidos e proteínas. Nos seus ribosomas prodúcense as proteínas, as cales introdúcense no interior do retículo endoplasmático rugoso onde se doblan e son modificadas químicamente (sintetízanse)
· Retículo endoplasmático liso
- Non conta con ribosomas, a súa superficie é lisa
- Encárgase de sintetizar lípidos, desintoxicar sustancias, participar no metabolismo dos hidratos de carbono e de almacenar calcio (moi importante, especialmente nos músculos xa que estas reservas son necesarias para que o músculo contráigase, permitindo así o movemento).
- Dependendo da necesidade de producción pode cambiar rápidamente o seu nivel de actividade adaptándose ás necesidades da célula.
Aparato de Golgi
O aparato de Golgi, cuxo nome provén de Camillo Golgi, o científico italiano que o descubriu de forma accidental en 1898 mentras observaba células cerebrais con tintes especiais, é un conxunto de sacos aplanados (cisternas) e vesículas que reciben, modifican, clasifican e empaquetan proteínas e lípidos, proporcionadas polo retículo endoplasmático.
As súas funcións principais son: modificar proteínas, clasificar moléculas (dependendo do seu destino), empaquetalas en vesículas e envialas a un lugar determinado, guiado por sinais químicas. Estos poden ser utilizados dentro da célula ou poden transportarse ao exterior da célula, onde a vesícula fusiónase coa membrana plasmática, nun proceso coñecido como exocitose. (Se esa célula recibe moléculas do exterior o proceso denomínase endocitose)
Posibles problemas
Aunque son esenciais para o desenvolvemento de moitas funcións da célula, un mal funcionamento destos pode supoñer un problema para o noso organismo. Se acumúlanse proteínas mal plegadas, actívase unha resposta de seguridade pero desta non funcionar pode levar á apoptose celular dando lugar a por exemplo: diabetes tipo 2, alzhéimer ou enfermedades hepáticas; e un mal transporte pode provocar mucolipidosis. Incluso algúns virus como o SARS-CoV-2 infíltranse no aparato de Golgi para replicarse.
Datos curiosos
- No espacio, o retículo endoplasmático sofre cambios debido á falta de gravidade, pudindo ter consecuencias para os astronautas.
- O retículo endoplasmático pode ocupar ata a mitade do volumen de algunhas células.
- O aparato de Golgi non tén unha membrana continua, senón que está formado por cisternas apiladas.
- As células secretoras (como as salivais ou hormonales) teñen un aparato de Golgi xigante.
Conclusión
O noso corpo está repleto de funcións, mecanismos, moléculas... que nos permiten vivir cada día, das cales moitas non nos damos nin conta da súa existencia, sin as cales non poderíamos vivir. Aprender máis sobre elo pódenos axudar a progresar tanto a nivel personal, porque nunca está demáis un novo coñecemento, como a nivel de desenvolvemento, xa que o coñecemento axúdanos a investigar, a plantear e corroborar hipótesis pudindo ou ben obter novos coñecementos ou incluso algún aporte que faga que a nosa vida sea mellor.
Añadir comentario
Comentarios
Me encanta este trabajo, es lo mejor que he visto nunca😊😊😊💕
Que inteligente eres aylem, dedicas mucho tiempo a los trabajos de bio, que inpirador💕
me encanta Aylem 🤩