Autora: Mara Quintano González
Introdución
As vacinas son un dos descubrimentos máis importantes da historia da medicina. Grazas a elas, a humanidade conseguiu previr enfermidades moi perigosas e salvar millóns de vidas. Neste traballo imos coñecer que son as vacinas, como funcionan e os seus tipos.
Que é unha vacina
As vacinas son preparados artificiais que se xeran, nalgúns casos, a partir de xermes (virus ou bacterias) que están atenuados, ou sexa, que perderon a súa capacidade de provocar a enfermidade.
Cando se inxectan no corpo, axudan ao sistema inmunitario a recoñecer o microorganismo e a producir defensas (anticorpos e linfocitos),deste xeito, se a persoa entra en contacto co virus real no futuro, o corpo xa sabe como defendelo e non enferma.
Orixe das vacinas
Antes de desenvolver a primeira vacina, recorríase a un proceso denominado variolación, que consistía en colocar baixo a pel unha pequena cantidade de virus (contido nas úlceras das vexigas) procedente de pacientes que se recuperaron. A variolación chegou a Europa desde Asia e África, onde levaba centos de anos utilizándose, pero corríase o risco de infectar á persoa coa enfermidade da que se pretendía protexer. O desenvolvemento dunha vacina que fose máis segura e eficaz permitiu protexer á poboación contra as vexigas sen correr o risco de contraer a enfermidade.
A primeira vacina da historia apareceu no ano 1796 e foi descuberta polo médico inglés Edward Jenner (1749-1823). Durante unha epidemia de varíola, Jenner observou que as persoas que traballaban coas vacas e padecían unha forma leve da enfermidade (chamada variola vaccinae) non se contaxiaban da versión máis grave. Así o seu valente experimento o 14 de maio de 1796 con pus de vexigas vacúas nun neno marcou o inicio da vacinación moderna, cambiando o rumbo da medicina ao crear a primeira vacina e salvando millóns de vidas e enfermidades como as vexigas foron erradicadas.
As vacinas na actualidade en Europa
En Europa, a vacinación é unha prioridade de saúde pública. Todos os países da Unión Europea teñen calendarios de vacinación infantil e de adultos, coordinados pola Organización Mundial da Saúde e pola Axencia Europea do Medicamento. As vacinas obrigatorias máis comúns son contra a poliomielite, o sarampelo, a rubéola, a varíola, a hepatite B e a COVID-19.
A cobertura vacinal é moi alta: máis do 90 % da poboación infantil europea recibe todas as vacinas recomendadas. Porén, existen retos como a desinformación nas redes sociais ou a desigualdade no acceso ás vacinas nalgúns países, polo que a Unión Europea promove campañas de concienciación e cooperación científica para garantir que todas as persoas teñan acceso seguro ás vacinas.
Conclusión
As vacinas son unha ferramenta fundamental para previr enfermidades e protexer á sociedade, manténdo altos niveis de protección fronte ás enfermidades infecciosas. Vacinarse é un acto de responsabilidade e solidariedade que axuda a coidar a saúde de todois.
Añadir comentario
Comentarios
Me siento como si me acabaran de inyectar una gran dosis de conocimiento, el mejor trabajo que he leído nunca 💕👌🏻