A orina mellora o crecemento das plantas?

Publicado el 5 de noviembre de 2025, 23:55

Autor: Samuel Barja Puga

Introducción

Nalgún pobo de Lugo, os seus residentes mesturaban a súa orina con auga e botábana nas plantas. Dicían que deste xeito as colleitas saían máis grandes e de mellor calidade. Era unha costume que pasaba de xeración en xeración e que moitos consideraban un segredo da terra.

 

 

Boato?

Esta crenza popular ten en realidade unha explicación científica. A orina humana, se se usa soa, pode queimar as raíces das plantas pola súa forza. Por iso, ao mesturala con auga, redúcese a súa toxicidade e convértese nun fertilizante natural. A gran cantidade de amoníaco, xunto con outros nutrientes como o nitróxeno e o potasio, axudan a que as plantas medren máis rápido e máis fortes.

 

Conclusións

Así sabemos que o amoníaco da nosa orina e os demais nutrientes, cando están ben diluídos en auga, fan que as plantas crezan mellor. O que antes era só unha crenza ou un costume dos pobos, hoxe sabemos que ten unha base científica que explica por que aquelas colleitas eran tan boas.

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios

Crea tu propia página web con Webador