Tipos de vacinas

Publicado el 12 de noviembre de 2025, 9:00

Autor: Delfín Estévez Galán

As vacinas son ferramentas esenciais para previr todo tipo de enfermidades. Entran no sistema inmunitario para recoñecer e loitar contra axentes patolóxicos como virus, bacterias, toxinas, etc. Hai varios tipos segundo como e por que se elaboran:

  1. ATENUADAS: conteñen o axente patóxeno debilitado, como nas vacinas contra o sarampolo ou a varíola. 
  2. TOXOIDES: inclúen toxinas do axente patóxeno que foron neutralizadas, como na vacina contra a difteria.
  3. TRANSXÉNICAS: baséanse en modificacións xenéticas do axente patóxeno, como a vacina contra a hepatites.
  4. SUBUNIDADES: conteñen só parte do axente patóxeno que desencadea a resposta inmune, como o papilomavirus humano.
  5. INACTIVADAS: o patóxeno está morto, pero o corpo aínda xera anticorpos ao entrar en contacto con el, como no caso da vacina contra a rabia.

As principais vantaxes das vacinas son a prevención eficaz a infección debido aos virus, a redución da mortalidade e a inmunidade de rebaño. 

Tamén teñen desvantaxes, como os lixeiros efectos secundarios como febre, reaccións alérxicas ou a necesidade de varios doses para obter a inmunidade total.

En conclusión, as vacinas son esenciais para a saúde humana. Grazas a estes tipos de vacinas, podemos previr enfermidades que poderían ser graves ou incluso mortais. Ademais, os avances científicos fixeron posible crear vacinas máis seguras e eficaces para facilitar a loita contra varios patóxenos. 

Añadir comentario

Comentarios

leonor
hace 2 meses

El artículo es fluido y fácil de leer, atrapa al lector.

Crea tu propia página web con Webador