Autor: Zi Tao Wang
Cando alcanzamos certa idade, necesitamos vacinarnos, pero antes de continuar falando sobre o calendario de vacinación, necesitamos saber que son as vacinas.
Que é unha vacina?
Unha vacina é unha preparación líquida biolóxica que estimula o sistema inmunitario para que recoñeza e combata enfermidades, como virus ou bacterias, e protexa o corpo de enfermidades máis graves.
O calendario de vacinación é un calendario que nos axuda a saber cando nos temos que vacinar, que tipo de vacina necesitamos poñer e a que idade.
Aquí podemos ver que en determinadas idades necesitamos ter máis ou menos vacinacións. Entre estas vacinacións, hai tres que son as máis importantes: a gripe, o Tdap (tétanos, difteria, tose convulsa) e o MMR (sarampelo, paperas e rubeola).
Añadir comentario
Comentarios