Autor: Álvaro Santamaría Vázquez
Dieta mediterránea
A dieta mediterránea é unha forma de alimentarse, aínda que para algúns é considerada un estilo de vida. Caracterízase por ser un estilo de alimentación equilibrado, variado e moi ligado á cultura dos países que rodean o mar Mediterráneo, como España, Grecia ou Italia.
Alimentos principais
Céntrase no consumo abundante de froitas, verduras, legumes, cereais integrais e froitos secos, que nos achegan vitaminas, minerais e fibra. O aceite de oliva é a graxa máis empregada, o que a fai rica en ácidos graxos saudables. Por outra banda, temos a carne vermella, que se consome de maneira pouco frecuente.
Beneficios
A dieta mediterránea é saudable porque coida o corazón, axuda a manter un peso axeitado, contribúe a ter un bo estado de ánimo, reduce o risco de diabetes, mellora a memoria, baixa a inflamación e favorece unha boa dixestión, ademais de asociarse cunha vida máis longa e de mellor calidade.
Razóns sociais e culturais
A dieta mediterránea non só se basea na comida, senón que tamén está relacionada coa maneira na que comes. Isto refírese a con quen adoitas compartir a comida, xa sexa con amigos ou familia, para facer a hora de xantar máis amena.
Conclusión
A dieta mediterránea é unha forma de alimentarse saudable que coida o corazón, axuda a manter un bo peso e mellora a saúde en xeral. Ademais, axúdanos a gozar da comida e a compartila con outras persoas. É un estilo de vida que contribúe a vivir mellor.
Añadir comentario
Comentarios