Lei de doazón de transplantes

Publicado el 13 de noviembre de 2025, 15:21

 Autora: Leonor Mouriño Barcala

Este será o tema para o meu primer artículo de bioloxía, os transplantes, procedementos nos que se reemplaza un órgano, texido ou célula dañada por outro saudable proveniente dun donante. E aquí expoño a súa lei:

Os temas relacionados cos transplantes en España están a cargo da Organización Nacional de Transplantes (ONT), e a súa regulación legal ven establecida na lei de transplantes (Lei 30/1979). Os seus puntos fundamentais son:

  • O establecemento da chamada morte encefálica como criterio científico legal e ético da morte.
  • O respecto á vontade da persoa falecida en canto a doar ou non os seus órganos.
  • A necesidade de que o diagnóstico da morte se faga por un equipo de médicos independente ao do transplante.
  • O carácter altruista da doazón, en todo momento, e a non comerzialización dos órganos.
  • A garantía de anonimato da persoa doante.
  • A aplicación de criterios médicos para a distribución dos órganos dispoñibles entre as persoas enfermas en espera.

Se hai algún destes criterios que non entendiches, espero que o fagas ao ver os tipos de persoas doantes, porque hai dous grandes grupos:

  • Falecidos, diagnosticados de morte cerebral ou encefálica, pero cuxo corazón segue latexando artificialmente para manter os órganos en perfectas condicións.
  • Persoas que seguen vivas. En moitos casos, a doazón e un tecido como a pel ou parte de un órgano, o figado, a médula ósea, ou no caso do ril, un órgano enteiro, xa que ao ter dous podemos vivir con un. Tras a doazón o doante segue coa sua vida normal.

¿Sabíades que...?

  • O primer transplante exitoso foi entre xemelgos no ano 1954, o que facilitou a compatibilidade e marcou o inicio da era moderna dos transplantes.
  • España lidera o mundo en doazóns: en 2022 realizáronse máis de 5.300 transplantes, sendo un referente internacional neste ámbito.
  • A impresión 3D de órganos xa é unha realidade emerxente, con investigacións que buscan crear órganos funcionais para reducir a escaseza de doantes.

Remato este artículo cunha chamada á responsabilidade colectiva e á esperanza colectiva: 

Doar órganos é un acto de xenerosidade que pode salvar vidas. Cada doante é unha ponte cara á vida para quen agarda unha segunda oportunidade.

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios